Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 19 de novembro de 2020 Páx. 45716

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se acorda outorgar o distintivo de permanencia ao persoal dos distintos corpos de policía local dos concellos de Galicia.

A Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, establece no seu artigo 74 que o persoal dos corpos de policía local de Galicia pode ser distinguido ou recompensado de acordo co que se determine regulamentariamente.

Deste xeito, o Decreto 243/2008, do 16 de outubro, de desenvolvemento da dita lei, determina no seu artigo 89 as modalidades de distincións; na alínea c) figura o distintivo de permanencia, a que se refire tamén o número 3 do artigo 90, cando expresa que este distintivo se entregará aos policías locais, calquera que sexa a súa categoría, cando se cumpran os requisitos de permanencia e de traxectoria profesional exixidos para a súa concesión.

O mesmo Decreto 243/2008, no seu artigo 93.1, establece que o distintivo de permanencia se entregará anualmente, mediante resolución da persoa titular da unidade directiva competente en materia de coordinación de policías locais, aos policías locais cando cumpran 25 anos de servizos efectivos no corpo, calquera que sexa a súa categoría, sempre que non consten antecedentes desfavorables no seu expediente persoal ou pendentes de cancelar, cuestións que deberán acreditar os concellos aos cales lles corresponda.

De acordo co previsto no artigo 93.1 antes citado do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar como anexos a listaxe de persoas ás cales se lles entregará o distintivo de permanencia, por ter feitos os 25 anos de servizo nos corpos de policía local, durante os anos 2018 e 2019, segundo as certificacións dos respectivos concellos de pertenza, tanto respecto do tempo de servizos como do resto de requisitos.

Segundo. Comunicar esta listaxe do anexo aos respectivos concellos e publicala tamén para os efectos da súa consulta na páxina web da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

Terceiro. As persoas que non figuren na listaxe do anexo e cumpran cos requisitos para esta distinción deberán solicitar a súa inclusión a través dos respectivos concellos, que remitirán as preceptivas certificacións de cumprimento dos requisitos a esta unidade directiva para a resolución correspondente no prazo de dez (10) días.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2020

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO I

Listaxe do persoal dos corpos de policía local dos concellos de Galicia ao cal se lle outorga o distintivo de permanencia, correspondente ao ano 2018

(Listaxe alfabética, clasificada por provincias e concellos)

Provincia: A Coruña

Concello: A Coruña

José Ángel López Rodríguez

Carlos David Ponte Rodríguez

José Manuel Rico Rodríguez

Concello: Arteixo

Manuel Prego Rodríguez

Concello: As Pontes de García Rodríguez

Manuel Calvo Rodríguez

Concello: Cerceda

María Isabel Gómez Fuentes

Xosé Antón Iglesias García

Manuel Loureiro Pedreira

José Manuel Rodríguez Iglesias

Concello: Culleredo

Juan Marcos López Reborido

Concello: Narón

José Luis Caneiro Beceiro

José Antonio Cartelle Cobelo

Manuel Gómez Prego

Provincia: Lugo

Concello: Burela

Francisco Fidalgo Ferreiro

Concello: Cervo

María Concepción Trelles Dorado

Concello: Ribadeo

José Moisés Suárez Rodríguez

Provincia: Pontevedra

Concello: Marín

Celestino Soto Boullosa

Concello: Moaña

Julio César Casás Curro

Concello: Nigrán

Víctor Fernando Lomba González

Concello: O Grove

Juan Carlos García Otero

Manuel Gonzalo Pita

Concello: Pontevedra

Miguel Ángel Balea Piñeiro

José Jorge Barcala Lubián

Daniel Carrillo Durán

Raúl Figueiras Folgar

José Luis Franco Padín

Manuel Ricardo González González

Carlos López Álvarez

Juan Marcos Molina Vidal

Félix Morigosa Galiano

Juan Pérez Cancela

José Manuel Portela Carballo

Manuel Ángel Sánchez Pallares

Ricardo Veiga Lage

Concello: Tui

Avelino Martínez Pérez

Concello: Vigo

Francisco Javier Álvarez Ferreira

Luis Colmenero de la Torre

Alejandro Costas Bastos

David Costas Pérez

Carlos Fernández Otero

Jesús Fuentes Sánchez

José Armando García Veiro

Josefa Piñeiro Gómez

Francisco José Porto Justo

Manuel Sánchez Sánchez

José Ignacio Vicente Ferreira

Concello: Vilagarcía de Arousa

Elena Paz Bugallo

ANEXO II

Listaxe do persoal dos corpos de policía local dos concellos de Galicia ao cal se lle outorga o distintivo de permanencia correspondente ao ano 2019

(Listaxe alfabética, clasificada por provincias e concellos)

Provincia: A Coruña

Concello: A Coruña

Juan Diego Eiriz Machado

Ricardo Alberto Lusquiños Rodríguez

Gustavo Adolfo Saavedra Illanes

Concello: A Laracha

Luis Cotelo Pombo

Concello: Abegondo

Isaac Fraguío Gómez

Concello: Ames

José Manuel García Moure

Maximino García Vázquez

Alberto Souto Vázquez

Concello: Carballo

José Manuel Arnejo Torreira

José Manuel Carracedo Muíño

María José Fraga Bello

Fernando Mariño Pombo

José Ramón Vázquez Reino

Concello: Cedeira

José Manuel Rodríguez Martínez

Provincia: Lugo

Concello: Monforte de Lemos

Víctor Díaz Lebices

José Luis Díaz Rodríguez

Carlos Losada Díaz

Ramón Marcos Fernández

Javier Vázquez Orozco

Concello: Ribadeo

Javier Fernández Fontenla

Vicente García López

Provincia: Pontevedra

Concello: Baiona

Manuel Cabrera Vilar

José Manuel González Denis

Plácido Viéitez Pérez

Concello: Caldas de Reis

Manuel Castro Escariz

Lino Manuel Conde Eirín

Benito Lorenzo Ares

Concello: Lalín

Cecilia González García

Manuel Montoto Quinteiro

Concello: Moaña

Xosé Bieito Pérez Carrera

Concello: Pontevedra

Laureano Becoña Iglesias