Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 19 de novembro de 2020 Páx. 45766

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (PO 926/2017).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento ordinario 926/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Queen Osawaru contra Juan Valentín Padrón Armas e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución é do seguinte teor literal:

«Resolución:

Admitir integramente a demanda formulada por Queen Osawaru e condenar a Juan Valentín Padrón Armas ao pagamento á demandante da cantidade de 1.446,88 euros, que se incrementará cos xuros do 10 %.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que é firme e que non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, da que se levará testemuño aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en forma legal a Juan Valentín Padrón Armas, en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 29 de outubro de 2020

O letrado da Administración de xustiza