Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Venres, 20 de novembro de 2020 Páx. 45913

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2020 pola que se resolve o proceso de selección de persoal investigador, na modalidade de investigador distinguido, para beneficiarios dunha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC), no marco do programa Oportunius (código de procedemento IN859A).

A Axencia Galega de Innovación (Gain), dada a súa condición de organismo público de investigación tal e como recolle a Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, poderá contratar persoal investigador en réxime laboral mediante as modalidades contractuais recollidas na Lei 14/2011, do 1 de xuño, de ciencia, tecnoloxía e innovación.

Por Resolución do 23 de xuño de 2020 (DOG núm. 158, do 7 de agosto) anunciouse a convocatoria de persoal investigador, conforme o establecido no Decreto 64/2016, do 26 de maio, polo que se regula o réxime de contratación de persoal investigador dotado cunha bolsa do ERC, no marco do programa para a xeración, captación, retención e recuperación de talento investigador en Galicia (programa Oportunius).

Finalizado o proceso de selección e de acordo co sinalado no artigo 9 e seguintes da convocatoria, o tribunal elevou á Dirección da Axencia Galega de Innovación a proposta a favor dos aspirantes seleccionados.

Por todo iso, en virtude das atribucións do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, modificado polo Decreto 125/2016, do 1 de setembro, e polo Decreto 85/2019, do 4 de xullo, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Contratar como persoal laboral da Axencia Galega de Innovación, na modalidade de investigador distinguido, as persoas que se indican no anexo.

Segundo. Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada perante a Presidencia da Axencia Galega de Innovación no prazo dun (1) mes contado desde o seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2020

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Dominio ERC de Neurociencias: Aswhin Woodhoo (***123***).

Dominio ERC de Ciencias Humanas e Sociais: Jacob Copeman (***2534***).