Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 23 de novembro de 2020 Páx. 46246

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de novembro de 2020, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se fan públicas as notificacións de resolución dos expedientes de reclamación de danos (expediente RD/PO-295/2019 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica nos expedientes de reclamación de danos en materia de estradas (Lei 6/2015, do 7 de agosto, de estradas de Galicia), devolta polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para compareceren na sede do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (avenida María Victoria Moreno, 43-1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra), se desexan examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou no de Pontevedra, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao de remate do prazo de dez (10) días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo este anuncio.

Pontevedra, 11 de novembro de 2020

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

Estrada

RD/PO-295/2019

Ignacio Gago Castiñeira

Resolución de expediente

PO-510 (Atios-Salvaterra de Miño)

RD/PO-305/2019

Débora Piñeiro Rodríguez

Resolución de expediente

PO-340 (Tui-A Ramallosa)

RD/PO-330/2019

Canle Devesa, S.L.

Resolución de expediente

PO-313 (Marín-Moaña)