Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 23 de novembro de 2020 Páx. 46244

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 4 de novembro de 2020, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas pola folla de valoración fundada da administración no expediente de expropiación forzosa para a obra Proxecto do itinerario peonil e ciclista na PO-307, tramo Deiro-Ponte da Illa de Arousa, de clave PO/16/101.06, no concello de Vilanova de Arousa.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícanselles ás persoas relacionadas no anexo a notificación da folla de valoración fundada da administración, do expediente de expropiación forzosa que no anexo se indica porque se descoñece a persoa destinataria, porque se ignora o lugar da notificación ou porque, unha vez intentada esta, non se puido practicar.

Segundo se establece no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE) para comparecer neste servizo, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º (Pontevedra) e coñecer o contido íntegro desta folla de valoración fundada da administración. Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 4 de novembro de 2020

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Ref. castral

Persoa interesada

79

36061A02300133

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

84

36061A02300284

Rodríguez Piñeiro Josefina

85

36061A02300285

Grande Mejuto, Benito (herdeiros de)

94

36061A02300324

Rodiño Vidal, Carmen (herdeiros de)

95

36061A02300325

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

96

36061A02300327

Vázquez Vázquez, Benito (herdeiros de)

97

36061A02300329

Rodríguez Piñeiro, Mª Secundina

98

36061A02300330

Grande Rodríguez, Lourdes

117

36061A02300410

Leiro Reboeras, Josefina (herdeiros de)

119

36061A02300420

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

126

36061A02300651

Descoñecido

127

36061A02300654

Descoñecido

130

36061A02300675

Abal Vázquez, Camiño (herdeiros de)

132

36061A02300677

Romero Vázquez, Teresa

146

36061A02301372

Reboeiras Martínez, Josefina