Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 23 de novembro de 2020 Páx. 46160

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se determina a composición da Comisión Avaliadora do concurso de traslados entre persoal funcionario docente.

Logo de realizado o sorteo para a composición da Comisión Avaliadora a que fai referencia a Orde do 19 de outubro de 2020 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de Educación (Diario Oficial de Galicia núm. 219, do 30 de outubro), de acordo co que establece a súa disposición vixésimo quinta, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

DISPÓN:

Primeiro. Constituirase a Comisión que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Actuará como secretario ou secretaria da Comisión o/a vogal con menor antigüidade na función pública docente como persoal funcionario de carreira, agás que a Comisión acorde determinalo doutro xeito.

Terceiro. A Comisión Avaliadora poderá solicitar o asesoramento que considere oportuno.

Cuarto. Os membros da Comisión terán dereito a percibir asistencias de acordo co previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xuño), e polo Decreto 96/2011, do 5 de maio (DOG do 30 de maio, corrección de erros do 1 de xuño) e conforme as clasificacións que recolle, esta comisión considérase incluída na categoría primeira.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2020

Jesús Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Comisión de Avaliación

Orde do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 219, do 30 de outubro)

Posto

DNI

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Presidente titular

***4352**

Fernández

Fraga

Fernando

Vogal titular 1

***0914**

Currás

Fernández

Celso

Vogal titular 2

***8078**

Patiño

Loureiro

Ana María

Vogal titular 3

***2060**

Bravo

Cores

Daniel

Vogal titular 4

***6110**

París

Brandariz

Cristina

Vogal titular 5

***6126**

Cerdeira

Penelas

Javier

Vogal titular 6

***0974**

Hervás

Brull

María Jesús

Vogal titular 7

***8391**

Etxeita

Costales

Andrés

Vogal titular 8

***5364**

Vigo

Lancho

Josefa

Vogal titular 9

***5245**

Feijoo

Blanco

José Luis

Presidente suplente

***5824**

Guerra

Fernández

Manuel

Vogal suplente 1

***1203**

Serna

Masiá

Isabel

Vogal suplente 2

***5573**

Nodar

Ron

José Manuel

Vogal suplente 3

***4212**

Rodríguez

Leal

Gloria

Vogal suplente 4

***5680**

García

Grande

José Luis

Vogal suplente 5

***5681**

Rodríguez

Suárez

María Guadalupe

Vogal suplente 6

***7150**

Martínez Risco

Ulloa

Antonio Eduardo

Vogal suplente 7

***1842**

Viñas

González-Zaera

María Concepción

Vogal suplente 8

***7797**

Guerra

Reboredo

Alfonso

Vogal suplente 9

***1352**

París

Gómez

Josefina