Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 23 de novembro de 2020 Páx. 46131

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2020 pola que se ordena a publicación do Acordo do Pleno do 12 de novembro de 2020 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do Consello de Contas de Galicia.

A vixente relación de postos de traballo (RPT) do Consello de Contas de Galicia foi aprobada polo Acordo do Pleno do 7 de xuño de 2017 (DOG núm. 123, do 29 de xuño; corrección de erros DOG núm. 131, do 11 de xullo), tras a entrada en vigor da Lei 8/2015, do 7 de agosto, de reforma da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas.

O dito acordo perseguía o dobre obxectivo de adecuar os postos de traballo ás necesidades e novas competencias da Institución; e de modificar o procedemento ordinario de provisión de postos de traballo que, por disposición do artigo 17.5 da lei, pasara a ser o concurso específico.

Transcorridos case tres (3) anos desde a súa publicación, a adecuación revélase insuficiente tanto no número de efectivos como nos perfís profesionais e nivel de cualificación.

En consecuencia, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación do persoal funcionario desta Institución, o Pleno do Consello de Contas de Galicia, na súa sesión do día 12 de novembro de 2020, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Modificar a vixente relación de postos de traballo do Consello de Contas no nos termos que se sinalan no anexo deste acordo, como consecuencia das súas necesidades organizativas e funcionais actuais.

Segundo. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) para os efectos de entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Pleno na súa reunión do 12 de novembro de 2020, relativo a aprobación da modificación da relación de postos de traballo do Consello de Contas de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no DOG como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2020

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

Na vixente relación de postos de traballo do Consello de Contas, introdúcense as seguintes modificacións:

Persoal funcionario

Amortizacións.

Amortízanse os seguintes postos de traballo:

Departamento

Código

Denominación

Departamentos sectoriais

CC.F01.05.09

Técnico/a de auditoría

Departamentos sectoriais

CC.F01.05.11

Técnico/a de auditoría

Departamentos sectoriais

CC.F01.05.13

Técnico/a de auditoría

Creacións.

Créanse os seguintes postos de traballo:

Código

Denominación

Nivel

C. específico

Forma. prov.

Grupo

Corpo-escala

Adscr. A.P.

Tit. acad.

Formación específica

Observacións

Departamentos sectoriais

CC.F01.01.11

Auditor

30

31.284,60 €

CE

A1

Xeral/especial

A12

R.I.: exp. de 5 anos en funcións de control interno ou externo do sector público.

Mrtos.: experiencia en: planificación e dirección de actuacións de fiscalización do sector público; redacción de informes de fiscalización do sector público; redacción de ditames sobre consultas en materia económico-financeira; avaliación de control interno e detección de riscos en materias de prevención da corrupción.

CC.F01.01.12

Auditor

30

31.284,60 €

CE

A1

Xeral/especial

A12

 

R.I.: exp. de 5 anos en funcións de control interno ou externo do sector público.

Mrtos.: experiencia en: planificación e dirección de actuacións de fiscalización do sector público; redacción de informes de fiscalización do sector público; redacción de ditames sobre consultas en materia económico-financeira; avaliación de control interno e detección de riscos en materias de prevención da corrupción.

 

CC.F01.04.02

Auditor-técnico

28

23.779,92 €

CE

A1/A2

Xeral/especial

A12

 

R.I.: exp. de 3 anos en funcións de control interno ou externo do sector público.

Mrtos.: experiencia en: desenvolvemento en actuacións de fiscalización do sector público; redacción de documentos de fiscalización do sector público; desenvolvemento en actuacións de avaliación de control interno e detección de riscos en materia de prevención da corrupción.

 

CC.F01.06.01

Técnico de xestión

25

18.911,76 €

CE

A2/C1

Xeral/especial

A12

 

R.I.: exp. de 1 ano en funcións de control interno ou externo do sector público.

Mrtos.: experiencia en: revisión de contas e estados financeiros; realización de probas de auditorías; técnicas informáticas e documentais de apoio á fiscalización do sector público; desenvolvemento de actuacións de avaliación de control interno e detección de riscos en prevención da corrupción.

 

Secretaría xeral

CC.F03.06.03

Responsable área de xestión económica e asuntos xerais

22

14.790,00 €

CE

A2/C1

Xeral

A12

 

Mrto.: exp. en xestión económica.

Modificación:

Modifícanse os seguintes postos de traballo que quedan configurados como seguen:

– Adscrición á Administración pública de todos os postos de funcionarios. A12: Comunidade Autónoma de Galicia, outras comunidades, Estado, corporacións locais e institucións de control externo estatais ou autonómicas (ICEX).

– Todos os postos reservados a persoal funcionario adscritos a departamentos sectoriais: requisito imprescindible de formación específica.

– Postos de auditor N30, auditor director-técnico, auditor/a técnico/a, técnico de auditoría e técnico de xestión: méritos específicos.

• Denominación: auditor/a N30.

Formación específica. R.I.: exp. de 5 anos en funcións de control interno ou externo do sector público.

Mrtos.: experiencia en: planificación e dirección de actuacións de fiscalización do sector público; redacción de informes de fiscalización do sector público; redacción de ditames sobre consultas en materia económico-financeira; avaliación de control interno e detección de riscos en materias de prevención da corrupción.

• Denominación: auditor/a director/a técnico/a.

Formación específica. R.I.: exp. de 5 anos en funcións de control interno ou externo do sector público.

Mrtos.: experiencia en: funcións de dirección; planificación e dirección de actuacións de fiscalización do sector público.

• Denominación: auditor/a N28.

Formación específica. R.I.: exp. de 3 anos en funcións de control interno ou externo do sector público.

• Denominación: auditor/a-técnico/a.

Formación específica. R.I.: exp. de 3 anos en funcións de control interno ou externo do sector público.

Mrtos: Experiencia en: desenvolvemento en actuacións de fiscalización do sector público; redacción de documentos de fiscalización do sector público; desenvolvemento en actuacións de avaliación de control interno e detección de riscos en materia de prevención da corrupción.

• Denominación: técnico de auditoría.

Formación específica. R.I.: exp. de 2 anos en funcións de control interno ou externo do sector público.

Mrtos.: experiencia en: desenvolvemento en actuacións de fiscalización do sector público; elaboración, análise e revisión de documentación de auditoría pública; desenvolvemento de actuacións de avaliación de control interno e detección de riscos en prevención da corrupción.

• Denominación: técnico/a de xestión.

Formación específica. R.I.: exp. de 1 ano en funcións de control interno ou externo do sector público.

Mrtos.: experiencia en: revisión de contas e estados financeiros; realización de probas de auditorías; técnicas informáticas e documentais de apoio á fiscalización do sector público; desenvolvemento de actuacións de avaliación de control interno e detección de riscos en prevención da corrupción.

• Denominación: axudante de auditoría.

Formación específica. R.I.: coñecementos de contabilidade e auditoría de contas.

Modifícase a denominación, nivel e formación específica do seguinte posto:

Código

Denominación

Nivel

C. específico

Forma prov.

Grupo

Corpo-escala

Adscr. A.P.

Tit. acad.

Formación especifica

Observacións

Departamentos sectoriais

CC.F01.02.01

Auditor/a director/a técnico/a

30

31.284,60 €

LD

A1

Xeral/especial

A12

 

R.I. exp. de 5 anos en funcións de control interno ou externo do sector público.

Mrtos.: exp. en: funcións de dirección; planificación e dirección de actuacións de fiscalización do sector público.

 

Adscrición á Administración pública. A12: Comunidade Autónoma de Galicia, outras comunidades, Estado, corporacións locais e institucións de control externo estatais ou autonómicas (ICEX)

Forma de provisión: LD= libre designación, C= concurso, CE= concurso específico, formación especifica R.I.: requisito imprescindible, Mrtos.: méritos.