Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 23 de novembro de 2020 Páx. 46130

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 20 de novembro de 2020 pola que se amplían os prazos de duración do programa Bono turístico #QuedamosenGalicia e de presentación de solicitudes (códigos de procedemento TU985A e TU985B).

BDNS (Identif.): 516819.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes amplíase ata o dia 10 de decembro de 2020 (incluído).

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2020

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia