Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 25 de novembro de 2020 Páx. 46600

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 16 de setembro de 2020 pola que se notifica o inicio de procedemento para reclamar os custos ocasionados pola reflotación da embarcación Nécora, con folio 4ª-VILL-3-9714, afundida na dársena do porto de Ribeira.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles a Juan Rafael Maneiro Piñeiro, con DNI ****0248, e a Nancy Stella Victoria Álvarez, con DNI ****5972, o Acordo da Dirección de Portos de Galicia, do 6 de agosto de 2020, que inicia o procedemento para reclamar os custos de reflotación da embarcación Nécora, con folio 4ª-VILL-3-9714, afundida na dársena do porto de Ribeira e varada na actualidade na rampla varadoiro do porto por non ser posible a notificación no domicilio.

Este anuncio publicarase no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Este acordo emíteo a Dirección de Portos de Galicia en virtude das competencias conferidas polo artigo 15.3., alíneas a) e b), da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e de acordo co previsto nos artigos 100 e 102 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O importe a que ascenderon as actuacións de reflotación foi de 1.210 euros, IVE incluído.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, con domicilio para estes efectos na praza de Europa 5-A 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, e o seu réxime de recusación é o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Outórgaselles un prazo de dez (10) días hábiles, contados desde a notificación desta cédula, para formularen alegacións e achegaren ou propoñeren todos os medios de proba que xulguen adecuados en defensa dos seus dereitos.

O expediente completo para o seu exame, das 9.00 ás 14.00 horas, encóntrase na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia.

As alegacións dirixiranse ao instrutor nomeado do procedemento, no enderezo antes sinalado.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2020

Roi Fernández Añón
Director de Portos de Galicia