Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 25 de novembro de 2020 Páx. 46602

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO para a cobertura de postos singularizados reservados a funcionarios.

Por Decreto desta Alcaldía número 2362/2020, do 9 de outubro, resolveuse:

«(...)

Primeiro. Aprobar os seguintes resultados da valoración:

Miguel A Costoya Rabasco

María del Carmen Crespo Doldán

Josefina Pardal Pazos

Total

9,06

7,63

8,36

Segundo. Adxudicar o posto de xefe do Servizo de Rexistro, Información e Atención ao Público a Josefina Pardal Pazos.

Terceiro. Declarar que o posto de xefe do Servizo de Contratación, Plans e Subvencións queda vacante.

Cuarto. Adxudicar o posto de xefe do Servizo de Contabilidade e Fiscalización a María del Carmen Crespo Doldán.

Quinto. Adxudicar o posto de responsable de servizos administrativos do departamento de Urbanismo a Miguel Ángel Costoya Rabasco.

Sexto. Publicar a resolución do concurso e a adxudicación dos postos no Boletín Oficial da provincia (BOP) e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Sétimo. Notifíquese aos adxudicatarios coa indicación de que a toma de posesión realizarase no prazo de tres (3) días hábiles desde o día seguinte ao de cesamento no posto de procedencia, que deberá efectuarse dentro dos tres (3) días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución no DOG. Este prazo será dun (1) mes se comporta o reingreso ao servizo activo».

Ames, 9 de outubro de 2020

José M. Miñones Conde
Alcalde