Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 25 de novembro de 2020 Páx. 46555

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (SS 155/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de seguridade social 155/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Rodríguez Pazos contra a empresa Edificios y Obras, S.A., sobre seguridade social, se ditou a Sentenza do 29 de outubro de 2020, impugnable en suplicación no prazo de cinco días, que se encontra á súa disposición na sede do Xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Edificios y Obras, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 2 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza