Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 25 de novembro de 2020 Páx. 46556

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 89/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 89/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Josefa Álvarez Mallo e Alberto Casares Suárez contra a empresa Omnia Innovación y Gestión Educativa, S.L., sobre ordinario, ditouse decreto do 2 de novembro de 2020, recorrible en revisión no prazo de tres días contados desde a súa notificación, o cal se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Omnia Innovación y Gestión Educativa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 2 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza