Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 25 de novembro de 2020 Páx. 46542

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Segunda)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 734-2020).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 734/2020 desta sección, seguido por instancia de Orlando José Mosquera Borrazás contra Hostelería Chic Martin, S.L., Multisuelos Saul, S.L. e o Fogasa sobre reclamación, foi ditada a resolución resolución cuxa parte dispositiva é a que segue:

«Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado do Fondo de Garantía Salarial, na representación que ten deste, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 da Coruña, no vinte e oito de outubro de dous mil dezanove, en autos seguidos por instancia de Orlando José Mosquera Borrazás contra o organismo recorrente e as empresas Hostelería Chic Martín, S.L. e Multisuelos Saul, S.L., sobre reclamación de cantidade, debemos confirmar e confirmamos a resolución impugnada e impomos á recorrente as custas do recurso.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en legal forma a Hostelería Chic Martin, S.L. e Multisuelos Saul, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza