Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 25 de novembro de 2020 Páx. 46606

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Asomega

ANUNCIO polo que se convoca a XXII edición do premio Nóvoa Santos.

A Asociación de Médicos Galegos (Asomega), organiza o premio Nóvoa Santos, convocando a XXII edición do mesmo.

Roche Farma, S.A. colabora con Asomega nesta convocatoria.

Bases do premio.

1. Poderanse propoñer para este premio personalidades relevantes galegas, ou directamente vinculadas a Galicia, da medicina e/ou biomedicina, cuxa labor profesional ou científica fose de repercusión nacional ou internacional e, especificamente, de proxección cara Galicia.

2. As propostas dos candidatos faranas as universidades, as reais academias ou os colexios profesionais da medicina, farmacia ou veterinaria, as sociedades científicas, os hospitais, as fundacións, etc., ou un grupo mínimo de oito profesionais médicos e/ou biomédicos.

3. As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:

a) Un resumo do currículo vitae do candidato en formato electrónico (PDF).

b) Unha memoria aducindo os méritos do candidato nun máximo de 5 follas (PDF).

c) Ademais dos aspectos estritamente académico-curriculares e profesionais dos potenciais candidatos, avaliarase o compromiso do candidato coa sociedade galega, así como o impacto e influencia que o candidato poida exercer ou exercera sobre Galicia na súa actividade profesional, en xeral, e da medicina galega, en particular. O xurado tamén terá en conta a relevancia da actividade realizada polos candidatos, valorada segundo as circunstancias sociais, sanitarias e asistenciais do momento.

4. O galardoado aceptará o compromiso de dar unha conferencia do tema médico-sanitario que considere foi o motivo do premio nunha data e lugar acordados entre as partes, ademais da realizada na cerimonia de entrega do premio.

Tamén acepta participar activamente na próxima edición coa súa presenza física ou virtual na entrega do premio. Ademais, colaborará con Asomega na organización e execución de algunha outra iniciativa de interese para ambas as partes: seminario en liña (webinar), entrevista e / ou artigo para o sitio web de Asomega, difusión nas súas redes de contido de Asomega, etc.

5. O gañador deberá estar rexistrado como membro de Asomega no momento de recibir o Premio Nóvoa Santos.

6. Non poderán concorrer os membros da Xunta Directiva de ASOMEGA.

7. As solicitudes e documentación serán dirixidas por correo electrónico á atención da Secretaría Técnica de Asomega: asomega@viajeseci.es.

8. O prazo límite de presentación das candidaturas remata o día 28 de febreiro do 2021.

Premio.

1. O Premio Nóvoa Santos outorgarao o xurado constituído pola Xunta Directiva de Asomega. O Comité Científico de Asomega, logo de motivación razoada, presentará ao Xurado unha proposta da candidatura máis adecuada. Para a adxudicación do premio celebrarase unha reunión da Xunta Directiva, e a súa decisión, ante a cal non caberá reclamación nin recurso, darase a coñecer a continuación.

2. O galardón consistirá en 12.000 euros, diploma e medalla conmemorativa do premio Nóvoa Santos. O premio distribuirase segundo os seguintes criterios:

– O diploma, a medalla e o 50 % do importe (6.000 €) irán destinados integramente ao gañador.

– O 25 % do importe (3.000 €) destinarase a financiar un proxecto de investigación desenvolvido por novos investigadores galegos que será designado polo gañador ou como axuda inicial para a realización dunha tese de doutoramento dirixida polo gañador.

– A cantidade restante (3.000 €) estará ligada á iniciativa Asomega Axuda: segundo os criterios do gañador do premio, a cantidade destinarase a apoiar accións ou proxectos de institucións ou asociacións sen ánimo de lucro que favorezan os máis necesitados e promovan á humanización na contorna da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. A entrega do Premio Nóvoa Santos ao gañador darase nunha cerimonia pública, onde o galardoado impartirá unha conferencia sobre o tema médico e/ou biomédico que considera o motivo deste mérito.

Madrid, 3 de novembro de 2020

Julio Ancochea Bermúdez
Presidente da Asociación de Médicos Galegos