Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 25 de novembro de 2020 Páx. 46604

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO de nomeamento de técnica de administración xeral en réxime de interinidade.

Anúnciase o nomeamento relativo a:

Expediente

2915/2020

Código SIA

1428947

Procedemento

Nomeamentos

Asunto

Nomeamento de Alba Carrera Dacuña, DNI número ***5414**, como persoal funcionario interino para cubrir o posto de técnico/a de administración xeral do Departamento de Urbanismo, Medio Ambiente e Actividade de Supervisión

Unidade xestora

Secretaría

Documento

Anuncio

Trámite

Publicación do nomeamento como técnica de Administración xeral en réxime de interinidade do Concello de Bueu a Alba Carrera Dacuña, DNI ***5414**

ANUNCIO

Con data do 28 de outubro de 2020, mediante a Resolución da Alcaldía número 2020-1479, resolveuse, entre outros, o seguinte:

«.../...

1º. Nomear a Alba Carrera Dacuña, DNI núm. ***5414**, funcionaria en réxime de interinidade do Concello de Bueu (Pontevedra), da escala de administración xeral, subescala técnica, clase superior, e integrada no grupo A, subgrupo A1, para ocupar o seguinte posto de traballo:

Denominación do posto de traballo: técnico ou técnica de administración xeral.

Nivel complemento destino: 25.

Departamento de adscrición: Urbanismo, Medio Ambiente e Actividade de Supervisión.

Funcións: as tarefas e funcións que vai desempeñar, con carácter transitorio ata a ocupación definitiva da praza por funcionario de carreira, son as legalmente previstas para estas prazas, prestando apoio xurídico no desenvolvemento das funcións encomendadas ao departamento en que se integra. Realizará as funcións xerais de apoio xurídico e asesoramento sobre as materias xurídicas que afectan o departamento e, en concreto, as relacionadas no punto 3º da base 1ª das bases reguladoras que son meramente enunciativas, nin exhaustivas, nin excluíntes doutras que lle correspondan en función do corpo, escala, subescala, categoría, titulación exixible para o seu acceso e da integración do posto de traballo no Departamento de Urbanismo, Medio Ambiente e Actividade de Supervisión, e sen prexuízo das modificacións na estrutura administrativa do Concello e das ordes e instrucións que desde os órganos de goberno e os órganos directivos se dean no exercicio da potestade organizativa.

A toma de posesión efectuarase no prazo de cinco (5) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación do seu nomeamento no BOP, e previamente deberá prometer ou xurar o cargo na forma establecida no Real decreto 707/1979, do 5 de abril. De non tomar posesión no prazo indicado, a nomeada quedará na situación de cesantes, a non ser que presente causa xustificada que deberá ser alegada e aceptada.

O nomeamento terá vixencia ata que se cubra a vacante mediante funcionario/a de carreira ou no momento da finalización do proceso selectivo que se convoque para prover prazas de forma definitiva correspondentes á categoría das prazas obxecto deste proceso selectivo, nos termos que resultan do punto 3º da base 10ª das bases reguladoras das cales deriva o nomeamento efectuado mediante o punto resolutivo primeiro do presente acto administrativo e poderá cesar, así mesmo, cando o concello considere que xa non existe a razón de necesidade ou urxencia que motivou o nomeamento, ou ben cando, por causas sobrevidas, a praza sexa amortizada.

A aspirante nomeada quedará sometida, desde o momento da súa toma de posesión e ao longo da prestación de servizos que resulte del, ao réxime de incompatibilidades que establece a lexislación vixente nesta materia dado pola Lei 53/1984, do 26 de decembro, e as súas normas de desenvolvemento, ou aquelas que sexan de aplicación ao longo da prestación dos servizos públicos correspondentes.

.../..»

O que se fai público para xeral coñecemento en cumprimento do disposto no artigo 60 (letras d) e e) de aplicación por remisión do artigo 61) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do empregado público de Galicia.

Bueu, 2 de novembro de 2020

Félix Juncal Novas
Alcalde