Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 27 de novembro de 2020 Páx. 46964

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se outorgan destinos aos funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza (quenda de promoción interna) que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/403/2019, do 21 de marzo, no ámbito de Galicia.

De conformidade co establecido na base décimo novena da Orde JUS/291/2019, do 4 de marzo (Boletín Oficial del Estado do 15 de marzo), pola que se establecen as bases comúns que rexerán os procesos selectivos para ingreso ou acceso aos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de xustiza, e mais na base 8.1.a) da Orde JUS/403/2019, do 21 de marzo (Boletín Oficial del Estado do 8 de abril), pola que se convoca proceso selectivo para ingreso polo sistema xeral de acceso por promoción interna no corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza,

resólvese:

Primeiro. Facer pública a relación das prazas desertas no ámbito territorial de Galicia (anexo I), que se ofrecen aos aspirantes que superaron o proceso selectivo para ingreso polo sistema xeral de acceso por promoción interna no corpo de xestión procesual e administrativa convocado pola Orde JUS/403/2019, do 21 de marzo.

Segundo. As solicitudes de destino dos aspirantes deste ámbito presentaranse na Dirección Xeral de Xustiza, rúa Madrid, 2-4, 15781 Santiago de Compostela, ou polos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (Boletín Oficial del Estado do 2 de outubro), no prazo de oito (8) días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Terceiro. As solicitudes formalizaranse segundo o modelo que aparece como anexo II desta resolución, de acordo coas seguintes instrucións:

– No modelo de instancia poderá relacionarse ata o máximo das prazas ofertadas, e indicarase a descrición da unidade, a función, a localidade e mais a provincia.

– No caso de non lle corresponder ningún dos destinos especificados desta forma por non solicitar un número suficiente de prazas, seguirase a orde de preferencia por provincias que os interesados indiquen no modelo de solicitude.

– Dentro de cada provincia, os destinos serán adxudicados pola seguinte orde:

1. Tribunal Supremo e órganos centrais.

2. Tribunais superiores de xustiza.

3. Audiencias provinciais.

4. Fiscalías.

5. Relacións de postos de traballo da oficina xudicial na capital de provincia onde estea implantada.

6. Institutos de medicina legal.

7. Decanatos e servizos comúns.

8. Xulgados de instrución.

9. Xulgados do penal.

10. Xulgados de vixilancia penitenciaria.

11. Xulgados de violencia sobre a muller.

12. Xulgados de primeira instancia.

13. Xulgados do mercantil.

14. Xulgados do contencioso-administrativo.

15. Xulgados do social.

16. Xulgados de primeira instancia e instrución.

17. Xulgados de menores.

18. Xulgados de paz.

19. Relaciones de postos de traballo da oficina xudicial na localidade onde estea implantada.

Cuarto. Procederase á adxudicación de destinos segundo a orde obtida en todo o proceso selectivo.

Quinto. Ningún aspirante poderá anular nin modificar a súa solicitude unha vez terminado o prazo de presentación das mesmas.

Sexto. De non formular solicitude de prazas ou non lle corresponder ningunha das solicitadas, procederase a destinalo, con carácter forzoso, a calquera das prazas non adxudicadas.

Sétimo. A adxudicación dos destinos farase con carácter forzoso, de acordo coa orde de puntuación obtida nas probas selectivas no ámbito de Galicia.

Oitavo. Os destinos adxudicados terán carácter definitivo equivalente para todos os efectos aos obtidos por concurso, sen que poidan participar neste mentres non transcorran dous anos desde a data da resolución na que se lles adxudique destino definitivo. Para o cómputo dos dous anos atenderase ao establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, e de conformidade co establecido na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición competente no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE. Iso sen prexuízo da interposición do recurso potestativo de reposición ante o director xeral de Xustiza no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da antedita publicación, consonte o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2020

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

Anexo I

Xestión procesual e administrativa. Quenda de promoción interna

Descrición da unidade

Función

Localidade

Provincia

Comunidade Autónoma

Nº de prazas

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1

Xestión P. A.

Corcubión

A Coruña

Galicia

1

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1

Xestión P. A.

Sarria

Lugo

Galicia

1

Decanato. Servizo Común de Apoio

Xestión P. A.

Lugo

Lugo

Galicia

2

Xulgado de Paz

Xestión P. A. Secretaría

Viana do Bolo

Ourense

Galicia

1

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2

Xestión P. A.

O Barco de Valdeorras

Ourense

Galicia

1

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1

Xestión P. A.

A Pobra de Trives

Ourense

Galicia

1

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1

Xestión P. A.

Cangas

Pontevedra

Galicia

1

ANEXO II

Solicitude de destino para os aspirantes aprobados nas probas selectivas convocadas pola Orde JUS/403/2019, do 21 de marzo (BOE do 8.4.2019), quenda de promoción interna, para ingreso no corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza

Quenda de promoción interna

PRIMEIRO APELIDO: ___________________________________________________________

SEGUNDO APELIDO: ___________________________________________________________

NOME: ____________________________________________ NIF: ______________________

Número de orde en proceso selectivo

Tfno.: _____________________

Correo e.: __________________

Ámbito territorial no que realizou as probas selectivas:

Destino por orde de preferencia (véxase a convocatoria de prazas)

CENTRO DE TRABALLO

Nº de orde

Descrición da unidade

Función

Localidade

Provincia

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

Nº de orde

Descrición da unidade

Función

Localidade

Provincia

22

23

24

25

26

27

28

29

30

31

32

33

34

35

36

37

38

39

40

41

42

43

44

45

46

47

48

49

50

51

52

53

54

55

56

57

58

59

60

Nº de orde

Descrición da unidade

Función

Localidade

Provincia

61

62

63

64

65

66

67

68

69

70

71

72

73

74

75

76

77

78

79

80

81

82

83

84

85

86

87

88

89

90

91

92

93

94

95

96

97

98

99

100

Nº de orde

Descrición da unidade

Función

Localidade

Provincia

(Se necesita máis páxinas, faga copias desta).

Provincias por orde de preferencia (véxase a convocatoria de prazas)

1

11

21

2

12

22

3

13

23

4

14

24

5

15

25

6

16

26

7

17

27

8

18

28

9

19

29

10

20

30

O/a solicitante CONSENTE que o centro xestor do proceso de adxudicación de destino acceda ás bases de datos das administracións, con garantía de confidencialidade e para os exclusivos efectos de facilitar a verificación dos datos de identificación persoal, do número de orde obtido na oposición e do ámbito territorial de realización das probas selectivas consignados nesta instancia.

� De non consentir, marque o recadro, en cuxo caso deberá achegar a documentación acreditativa nos termos e prazos previstos nas bases da convocatoria e resto de normativa vixente.

________________________________, ____ de ____________________ de 2020

Dirección Xeral de Xustiza

Subdirección de Persoal

Rúa Madrid, 2-4

15781 Santiago de Compostela