Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 27 de novembro de 2020 Páx. 46973

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se amplía o prazo de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

A Orde da Consellería de Facenda do 7 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro), pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, dispón na base 2.1.1.1 que o prazo máximo para a realización do primeiro exercicio será de corenta (40) días hábiles contados desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

A dita constitución tivo lugar o día 13 de outubro de 2020.

Diversas cuestións de carácter organizativo provocadas pola situación epidemiolóxica actual impiden o cumprimento do prazo ao cal se fai referencia no parágrafo primeiro polo que, consonte coa proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, en vinte (20) días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública