Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 30 de novembro de 2020 Páx. 47224

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria de procesos selectivos para a cobertura de prazas de persoal funcionario e postos de traballo de persoal laboral fixo (CE2020J).

No Boletín Oficial da provincia número 209, do 29 de outubro 2020, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas e postos de traballo vacantes no cadro de persoal funcionario e de persoal laboral fixo da Deputación de Pontevedra, incluídos na oferta de emprego público do ano 2018:

– Dúas prazas de técnica/o de xestión documental, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica/o media/o, integradas no grupo A2, polo sistema de concurso-oposición libre.

– Unha praza de técnica/o auxiliar en educación diúrna, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integrada no grupo C1, polo sistema de concurso-oposición libre. Reservada a persoas con discapacidade.

– Unha praza de delineante, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integrada no grupo C1, polo sistema de concurso-oposición libre.

– Unha praza de oficial/a carpinteiro/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2, polo sistema de concurso oposición libre.

– Tres prazas de oficial/a condutor/a maquinista, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integradas no grupo C2, polo sistema de concurso-oposición libre.

– Unha praza de oficial/a agrícola, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2, polo sistema de concurso-oposición libre.

– Unha praza de oficial/a agrícola gandeiro/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2, polo sistema de concurso-oposición libre.

– Unha praza de oficial/a de servizos xerais e subalternos, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2, polo sistema de concurso-oposición libre.

– Unha praza de operaria/o, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo E, polo sistema de concurso-oposición libre. Reservada a persoas con discapacidade.

– Unha praza de operaria/o especialista, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo E, polo sistema de concurso-oposición libre.

– Un posto de traballo de axudanta/e de arquivo documental, clasificado no grupo A2, polo sistema de concurso-oposición.

– Un posto de traballo de oficial/a de maquinaria, clasificado no grupo C2, polo sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 5 de novembro de 2020

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución presidencial 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía,
Facenda e ORAL

Carlos Cuadrado Romay
Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra