Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 30 de novembro de 2020 Páx. 47223

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria de procesos selectivos para a cobertura de prazas de persoal funcionario incluídas na oferta de emprego do ano 2018 (CL2020J).

No Boletín Oficial da provincia número 209, do 29 de outubro 2020, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídos na oferta de emprego público do ano 2018:

– Unha praza de técnica/o de Administración xeral, encadrada na escala de Administración xeral, subescala técnica, integrada no grupo A1, polo sistema de oposición libre. Reservada para persoas con discapacidade.

– Dúas prazas de traballador/a social, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a, integradas no grupo A2, polo sistema de oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 5 de novembro de 2020

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra

P.D. (Resolución presidencial 2019012988, do 15.7.2019)

Carlos López Font

Deputado delegado de Réximen Interior, Economía, Facenda e ORAL

Carlos Cuadrado Romay

Secretario da Deputación

Provincial de Pontevedra