Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 2 de decembro de 2020 Páx. 47698

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 17 de novembro de 2020, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica o trámite de audiencia efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra Autovía AG-59, treito A Ramallosa-enlace AC-241, no concello de Teo, por enderezo descoñecido.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación e/ou descoñecido o domicilio dos titulares, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o trámite de audiencia efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra Autovía AG-59, treito A Ramallosa-enlace AC-241, clave GA/08/022.01.1 no concello de Teo.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas na Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A Coruña, 17 de novembro de 2020

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Clave da obra

Predio

Interesada

Acto que se notifica

GA/08/022.01.1

61

Mª Carmen Encarnación Gallego Ares

Trámite de audiencia

GA/08/022.01.1

70

Rosalía Gallego Ares

Trámite de audiencia