Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 2 de decembro de 2020 Páx. 47696

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 18 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-PO-0320/2020-PPM e doce máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-PO-0320/2020-PPM e doce máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuaren alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

Vigo, 18 de novembro de 2020

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0320/2020-PPM

36172841M

Inicio

Rúa do Pincho, 7, Cesantes, Redondela

PSC-PO-0335/2020-PPM

77461954R

Inicio

Juan Carlos I, 82, 4º C, Pontevedra

PSC-PO-0339/2020-PPM

53182629M

Inicio

Beiramar, 155, 3º A, Vigo

PSC-PO-0387/2020-PPM

52492846S

Inicio

Montemogos, 67, Beluso, Bueu

PSC-PO-0427/2020-TRA

76779649Z

Inicio

Peralto, 49, 2º, Escarabote, Boiro

PSC-PO-0429/2020-TRA

35561321D

Inicio

Rúa Martínez Padín, 51, 2º C, Tui

PSC-PO-0432/2020-COP

35304751G

Inicio

Casas, 18, Miraflores, Sanxenxo

PSC-PO-0433/2020-COP

X0233454G

Inicio

San Xulián, 201, baixo, Vigo

PSC-PO-0450/2020-TRA

76890769K

Inicio

A Serra, 26, Ponteareas

PSC-PO-0451/2020-TRA

78732514H

Inicio

A Espiñeira, 54, Aldán, Cangas

PSC-PO-0454/2020-PPM

52496608M

Inicio

Banda do Río, 25, 1º Bueu

PSC-PO-0462/2020-ORS

35438268Y

Inicio

Aransa, Edificio Castriños, 1, 3º A, A Illa de Arousa

PSC-PO-0479/2020-PPM

52936485F

Inicio

Cimadevila, 18, 3, 3º G, Boiro