Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 2 de decembro de 2020 Páx. 47709

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de aprobación da aceptación da delegación de competencias do Concello de Rianxo (multas e taxa 1,5).

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria celebrada o día 30 de outubro de 2020, aprobou o seguinte acordo:

«41. Aprobación da aceptación da delegación de competencias do Concello de Rianxo (multas e taxa 1,5).

1. Aceptar a delegación de competencias acordada polo Concello de Rianxo na sesión plenaria do 30 de xaneiro de 2020 en relación coas seguintes materias:

1) A instrución dos expedientes sancionadores por denuncias cursadas polo concello por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria, así como para a súa recadación tanto en período voluntario como executivo.

2) A xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolos ou voos das vías públicas, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración de interese xeral.

2. A delegación entrará en vigor unha vez que sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia, e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos en materia de sancións por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria e da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais aos concellos que non teñan delegada a xestión tributaria e a recadación de impostos, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 3 de novembro de 2020

Valentín González Formoso
Presidente da Deputación
Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía
Secretario xeral da Deputación
Provincial da Coruña