Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 2 de decembro de 2020 Páx. 47642

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2020 pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo II, na categoría de técnico/a medio de prevención de riscos laboráis, polo sistema de promoción interna.

De acordo coa base cuarta da Resolución reitoral do 4 de febreiro de 2020 (DOG do 20 de febreiro) mediante a que se convocou un proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo II, na categoría de técnico/a medio de Prevención de Riscos Laborais polo sistema de promoción interna, esta reitoría en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no devandito proceso de selección, ordenando a súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml) e no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo

Segundo. Consonte a base cuarta da convocatoria, as persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para poderen emendar o defecto que motivara a exclusión ou a omisión. Quen dentro do prazo sinalado non emende a exclusión ou alegue a omisión, xustificando o dereito a ser incluído/a na relación de persoas admitidas, será definitivamente excluído/a do proceso selectivo.

Terceiro. Publicar a composición do tribunal cualificador que terá a categoría segunda das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

Tribunal titular:

Presidencia: Mª José Montero Vilariño, técnica superior de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo.

Vogais: Juan Oreiro Formoso, técnico de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Santiago de Compostela.

Carmen Serra Rodríguez, técnica superior de Análise de Superficies da Universidade de Vigo.

Filemón Rivas Conde, xestor de Actividades Culturais da Universidade de Vigo.

Secretaría: Mª Carmen Álvarez González, técnica superior de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo

Tribunal suplente:

Presidencia: Alejandra Martínez Maquieira, técnica superior de Protección Radiolóxica da Universidade de Santiago de Compostela

Vogais: Elena Fernández Dopico, técnica de grao medio en Prevención de Riscos Laborais da Universidade da Coruña.

Teresita del Niño Jesús Aboal Somoza, funcionaria da escala de Axudantes de Arquivos, Bibliotecas e Museos da Universidade de Vigo.

Carmen García Meijide, técnica superior de Análise Instrumental da Universidade de Vigo.

Secretaría: José Antonio Bouzas Gómez, técnico superior en Prevención de Riscos Laborais da Universidade da Coruña.

Vigo, 19 de novembro de 2020

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo