Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 2 de decembro de 2020 Páx. 47640

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2020 pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo I na categoría de técnico/a superior de actividades deportivas, polo sistema de promoción interna.

De acordo coa base cuarta da Resolución reitoral do 4 de febreiro de 2020 (DOG do 20 de febreiro) mediante a cal se convocou un proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo I na categoría de técnico/a superior de actividades deportivas, polo sistema de promoción interna, esta reitoría, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no dito proceso de selección e ordenar a súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml) e no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo.

Segundo. Consonte a base cuarta da convocatoria, as persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para poderen emendar o defecto que motivou a exclusión ou a omisión. Quen, dentro do prazo sinalado, non emende a exclusión ou alegue a omisión, xustificando o dereito a ser incluído/a na relación de persoas admitidas, será definitivamente excluído/a do proceso selectivo.

Terceiro. Publicar a composición do tribunal cualificador, que terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

Tribunal titular:

Presidente: Manuel Moya García, técnico coordinador en Deportes da escala técnica superior da Universidade da Coruña.

Vogais:

José Ángel Lago Filgueira, subgrupo A1, laboral fixo do Concello de Vigo.

Vicente Romo Pérez, profesor contratado doutor da Universidade de Vigo.

Miguel Magán Sarandeses, técnico superior de Actividades Deportivas da Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Alfonso Caride Losada, técnico superior de Actividades Culturais da Universidade de Vigo.

Tribunal suplente:

Presidente: Javier Rial Boubeta, director técnico de Benestar Físico, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo.

Vogais:

Marta Míguez Telle, grupo A1 da administración especial do Concello de Ourense.

Carmen Serra Rodríguez, técnica superior de Análise de Superficies da Universidade de Vigo.

Mario González Rodríguez, grupo A1 da administración especial do Concello de Ourense.

Secretaria: María Olga Folgueiras Artime, técnica superior de Tecnoloxías da Información e Comunicacións da Universidade de Vigo.

Vigo, 19 de novembro de 2020

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo