Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 2 de decembro de 2020 Páx. 47638

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2020 pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo I, na categoría de técnico/a superior de actividades do medio mariño, polo sistema de promoción interna.

De acordo coa base cuarta da Resolución do 4 de febreiro de 2020 (DOG do 20 de febreiro), mediante a cal se convocou un proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo I, na categoría de técnico/a superior de actividades do medio mariño, polo sistema de promoción interna, esta reitoría, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no devandito proceso de selección e ordenar a súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml) e no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo

Segundo. Consonte a base cuarta da convocatoria, as persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para poderen emendar o defecto que motivase a exclusión ou a omisión. Quen dentro do prazo sinalado non emende a exclusión ou alegue a omisión, e xustifique o dereito a ser incluído/a na relación de persoas admitidas, será definitivamente excluído/a do proceso selectivo.

Terceiro. Publicar a composición do tribunal cualificador que terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

Tribunal titular:

Presidencia: Daniel Rey García, catedrático da Universidade de Vigo.

Vogais: José Benito Rodríguez González, director dos centros de apoio á investigación da Universidade de Vigo.

Manuel Marcos García, técnico superior de determinación estrutural e proteómica da Universidade de Vigo.

Mariano Lastra Valdor, catedrático da Universidade de Vigo.

Secretaría: Sonia Escudero Martinez, técnica superior de determinación estrutural e proteómica da Universidade de Vigo.

Tribunal suplente:

Presidencia: José Manuel García Estévez, profesor titular da Universidade de Vigo.

Vogais: Ana Bernabeu Tello, profesora titular da Universidade de Vigo.

Ramiro Varela Benvenuto, profesor titular da Universidade de Vigo.

María Dolores Dapía Conde, profesora titular da Universidade de Vigo.

Secretaría: Nieves Atanes Blanco, técnica superior de determinación estrutural e proteómica da Universidade de Vigo.

Vigo, 19 de novembro de 2020

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo