Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 2 de decembro de 2020 Páx. 47636

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2020 pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo I, na categoría de técnico/a superior de calidade ambiental e histoloxía, polo sistema de acceso libre.

De acordo coa Resolución reitoral do 4 de febreiro de 2020 (DOG do 20 de febreiro) mediante a cal se convocou un proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo I, na categoría de técnico/a superior de calidade ambiental e histoloxía, esta reitoría en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo,

resolve:

Primeiro. Aprobar a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas do devandito proceso de selección e ordenar a súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml) e no enderezo https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo.

Segundo. Consonte a base cuarta da convocatoria, as persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG), para poderen emendar o defecto que motivou a exclusión ou a omisión. Quen, dentro do prazo sinalado, non emende a exclusión ou non alegue a omisión xustificando o dereito a ser incluído/a na relación de persoas admitidas, será definitivamente excluído/a do proceso selectivo.

Terceiro. Publicar a relación de persoas exentas da realización do exercicio de coñecemento da lingua galega no enderezo citado no número primeiro. As persoas aspirantes que non acrediten estar en posesión do Celga 4 disporán do prazo establecido no número segundo para facelo; noutro caso terán que realizar o exercicio de coñecemento da lingua galega previsto no anexo I da convocatoria.

Cuarto. Publicar a composición do tribunal cualificador, que terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

– Tribunal titular:

Presidencia: José Manuel García Estévez, profesor titular da Universidade de Vigo.

Vogais: María del Pilar Molist García, profesora titular da Universidade de Vigo.

María Cristina Sobrino García, profesora contratada doutora fixa da Universidade de Vigo.

Celso Campos Bastos, profesor titular da Universidade de Vigo.

Secretaría: Nieves Atanes Blanco, técnica superior de Determinación Estrutural e Proteómica da Universidade de Vigo

– Tribunal suplente:

Presidencia: José Benito Rodríguez González, director dos centros de apoio á investigación da Universidade de Vigo.

Vogais: Ricardo Beiras García-Sabell, catedrático da Universidade de Vigo.

Manuel Marcos García técnico superior de Determinación Estrutural e Proteómica da Universidade de Vigo.

Pedro Cuesta Morales, profesor titular da Universidade de Vigo.

Secretaría: Sonia Escudero Martínez, técnica superior de Determinación Estrutural e Proteómica da Universidade de Vigo.

Vigo, 19 de novembro de 2020

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo