Ao quedar dispoñible no porto de San Pedro de Visma o departamento nº 15-T, no dominio público portuario de San Pedro de Visma, ábrese a convocatoria pública para a súa ocupación, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito as solicitudes, segundo o establecido no prego das bases da convocatoria, nas oficinas da Zona Centro del ente público empresarial Puertos de Galicia, sitas na avenida do porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, ou na forma indicada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pero, en todo caso, deberán acreditarse a data e a hora de presentación da solicitude. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com
A Coruña, 18 de novembro de 2020
Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro de Portos de Galicia