Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 3 de decembro de 2020 Páx. 47895

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 16 de novembro de 2020, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o levantamento de actas previas á ocupación ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/17/149.06.

Para os efectos de coñecemento dos interesados, resultando infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, polo presente anuncio notifícaselle ás persoas sinaladas no anexo o levantamento de actas previas á ocupación do expediente expropiatorio polas obras do proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria (MSV) no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada PO-551, puntos quilométricos 29+000 a 32+700, de clave PO/17/149.06 que terá lugar no concello de Moaña o día 17 de decembro de 2020.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre bens afectados, por si mesmos ou representados por persoal debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

As persoas poden tomar vista do expediente no Servizo Provincial de Pontevedra sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia de esta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 16 de novembro de 2020

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Referencia catastral

Persoa interesada

Día

Hora

1

36029A041000420003AK

Freire Santomé, José (herdeiros de)

17.12.2020

11.00

5

36029A038003220000IH

González Pequeño, Delia

17.12.2020

11.30

7

36029A038003030000IF

Verdeal Silva, Clara Eugenia

Verdeal Silva, María Teresa

Verdeal Silva, José Luis

Verdeal Silva, Juan Diego

17.12.2020

11.50

9

6217002NG2861N0002FF

Solla Ríos, Clementina

González Moreira, hros. de José

17.12.2020

12.10