Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 3 de decembro de 2020 Páx. 47888

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se fai pública a Resolución do 17 de novembro de 2020, de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 301, 392 e 397 do polígono 33, do termo municipal de Boqueixón (CFA 050/2019).

En cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña autorizou, por Resolución do 17 de novembro de 2020, o cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 301, 392 e 397 do polígono 33, do termo municipal de Boqueixón. O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi emitido con data do 17 de setembro de 2020.

A dita resolución e a documentación complementaria atópanse dispoñibles para a súa consulta na sede electrónica desta Consellería do Medio Rural, á que se pode acceder a través da ligazón seguinte: https://mediorural.xunta.gal/es/recursos/anuncios

A Coruña, 19 de novembro de 2020

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña