Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 3 de decembro de 2020 Páx. 47887

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se fai pública a Resolución do 17 de novembro de 2020, de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola da parcela 380 do polígono 501, do termo municipal de Boimorto (CFA 088/2019).

En cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña autorizou, pola Resolución do 17 de novembro de 2020, o cambio de actividade forestal a agrícola da parcela 380 do polígono 501, do termo municipal de Boimorto. O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi emitido con data do 9.11.2020.

Esta resolución e a documentación complementaria atópanse dispoñibles para a súa consulta na sede electrónica da Consellería do Medio Rural, á cal se pode acceder a través da ligazón seguinte:

https://mediorural.xunta.gal/es/recursos/anuncios

A Coruña, 19 de novembro de 2020

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña