Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 3 de decembro de 2020 Páx. 47845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 2 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2019/4272-2 e trece máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda de la Muralla, nº 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente que poderá impoñer a quen a promovese, de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 2 de novembro de 2020

O xefe territorial de Lugo
P.S. (Artigo11.4 do Decreto 245/2009, do 30 de abril)
Alejandro Fontela Pereira
Xefe de Servizo de Xustiza e Administración Local
ANEXO

Expediente

Parte contraria notificada

Resolución notificada

PR204A 2019/4272-2

Roberto Montero Novo

Resolución insostibilidade da pretensión

PR204A 2019/686-2

Manuel Gómez Ares

Resolución insostibilidade da pretensión

PR204A 2020/283-2

Santiago Vázquez Sánchez

Resolución insostibilidade da pretensión

PR204A 2020/673-2

Maria del Carmen Real de Asua

Resolución insostibilidade da pretensión

PR204A 2020/2187-2

Stephanie López Reyes

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/2423-2

Susana Rodríguez López

Resolución insostibilidade da pretensión

PR204A 2020/2514-2

Antonio Vázquez Barral

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/2584-2

Eusebio Varela

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/2593-2

Cristian Ascariz Álvarez

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/2608-2

Narciso Álvarez Teijeiro

Resolución insostibilidade da pretensión

PR204A 2020/2621-2

José Antonio Magalhaes da Costa

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/2621-1

Maria Lourdes Cal Díaz

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/2625-2

Maria Carmen Blanco Pérez

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/2634-2

Óscar Gómez Vilariño

Recoñecemento do dereito