Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 3 de decembro de 2020 Páx. 47847

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 27 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do proxecto do parque eólico Maragouto, nos concellos de Outes e Mazaricos (expediente IN408A 2017/21).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia); na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotor: Green Capital Power, S.L. (B85945475).

Domicilio social: rúa Marqués de Villamagna, nº 3-5º, Torre Serrano, 28001 Madrid.

Denominación do proxecto: parque eólico Maragouto.

Concellos afectados: Outes e Mazaricos.

Potencia que se instalará: 34,65 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 10 × 3,465 MW de potencia nominal unitaria.

Produción neta: 107.533 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 44.245.409,60 €.

Localización (área de afección):

Vértice poligonal

Parque eólico Maragouto

(Outes e Mazaricos)

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

1

500.875,08

4.746.786,49

2

504.875,08

4.746.786,49

3

504.875.08

4.743.380,49

4

500.875,08

4.743.380,49

Aeroxerador

Parque eólico Maragouto

(Outes e Mazaricos)

ETRS89 H29

Concello

UTM-X

UTM-Y

M2

501.459,08

4.746.362,49

Outes

M3

501.924,08

4.746.235,49

Outes

M4

502.286,08

4.746.126,49

Outes

M5

501.257,08

4.745.803,49

Mazaricos

M6

501.526,08

4.745.556,49

Mazaricos

M7

501.954,08

4.745.429,49

Outes

M8

501.925,08

4.745.057,49

Outes

M9

502.330,08

4.744.918,49

Outes

M10

503.104,08

4.745.049,49

Outes

M11

502.549,08

4.744.590,49

Outes

Torre meteorolóxica

Parque eólico Maragouto

(Outes e Mazaricos)

ETRS89 H29

Concello

UTM-X

UTM-Y

1

502.791,00

4.745.031,49

Outes

Subestación

Parque eólico Maragouto

(Outes e Mazaricos)

ETRS89 H29

Concello

UTM-X

UTM-Y

1

502.277,08

4.745.184,49

Outes

Características técnicas das instalacións:

• 10 aeroxeradores de 3,465 MW de potencia unitaria, con velocidade e paso variable, altura ata o buxe de 134 m. e un diámetro de rotor de 132 m.

• 10 centros de transformación montados en góndola, de potencia unitaria de 3.900 kVA e relación de transformación de 0,69/30 kV, coas súas correspondentes celas metálicas de seccionamento, manobra e protección.

• Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación transformadora proxectada, composta por 3 circuítos con condutores tipo RHZ1-2OL 18/30 kV de diferentes seccións.

• Subestación, SET Maragouto, con transformador de potencia en intemperie, trifásico, en baño de aceite, de potencia 90/110 MVA ONAN/ONAF, relación de transformación 30/132 kV. Esta subestación está deseñada para a transformación e evacuación da enerxía eléctrica producida polos parques eólicos de PE San Cosmeiro (IN408A 2019/24), PE O Vao (IN408A 2020/28) e PE Maragouto e distribuída do seguinte modo:

 Parque de 132 kV en intemperie con configuración de baía conxunta liña transformador, cos seguintes elementos;

◦ Posición liña/transformador:

– Tres autoválvulas na entrada da liña AT de 132 kV.

– Tres transformadores de tensión de 132 kV.

– Un seccionador tripolar con posta á terra de 132 kV.

– Un interruptor trifásico automático de 132 kV con mando unipolar.

– Tres transformadores de intensidade de 132 kV.

– Tres autoválvulas para protección do transformador de potencia de 132 kV.

– Un transformador de potencia de 90/110 MVA e relación de transformación 132/30 kV (ONAN/ONAF) con grupo de conexión Ynd11.

 Parque de 30kV en simple barra que inclúe:

◦ Barras transformador:

– Unha cela de protección de transformador de potencia.

– Unha cela de transformador de servizos auxiliares.

– Tres celas de seccionamento con posta á terra (procedentes das sub-barras dos parques).

– Dúas celas de protección de batería de condensadores.

– Medida de tensión en barras.

◦ PE San Cosmeiro:

– Dúas celas de protección de liña (circuítos colectores procedentes do parque eólico).

– Unha cela de seccionamento con posta á terra.

– Medida de tensión en barras.

◦ PE O Vao:

– Dúas celas de protección de liña (circuítos colectores procedentes do parque eólico).

– Unha cela de seccionamento con posta á terra.

– Medida de tensión en barras.

◦ PE Maragouto:

– Tres celas de protección de liña (circuítos colectores procedentes do parque eólico).

– Unha cela de seccionamento con posta á terra.

– Medida de tensión en barras.

 No edificio tamén se situará o centro de control, coas comunicacións, proteccións e un transformador de servizos auxiliares de tipo seco de 250kVA e relación de transformación 30/0,4 kV.

• Da subestación sairá unha liña aérea de evacuación de 132 kV dunha lonxitude aproximada de 5,9 km, que pasará a ser subterránea os últimos 2,79 km, ata completar os 8,69 km totais de liña de alta tensión ata a SET Banzas 30/132kV. Dende esta subestación eléctrica de transformación chegarase ata a SET Colectora Lousame 132/220 kV a través doutra liña aérea de 132 kV. Nesta SET elevarase a tensión a 220 kV para evacuar conxuntamente a través dunha liña aérea de 220 kV ata o punto de conexión á rede en SET Lousame 220 kV. As mencionadas instalacións de evacuación conxunta son obxecto de proxecto independente, todas elas en fase inicial de consultas previas ambientais.

• Rede de terras xeral con condutor Cu-50 mm2, de modo que as instalacións electromecánicas e o centro de control do parque eólico forman un conxunto equipotencial. Na zona de operación de MT do edificio da subestación, esta rede compleméntase cun tendido adicional a base de Cu-95 mm2.

• 1 torre meteorolóxica de medición de 134 metros.

Obxecto da información pública:

• A autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións.

• Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (setembro 2020-visado 23.11.2020).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico Maragouto.

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (setembro 2020-asinado o 19.11.2020).

3. O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (setembro 2020-visado 19.11.2020).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.8 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia), para o coñecemento xeral e para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, das 9:.00 as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 83 e 18 49 23), así como nos concellos de Outes e Mazaricos (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico-maragouto

O estudo de impacto ambiental estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A Coruña, 27 de novembro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

(Disposición transitoria terceira do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia)