Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 3 de decembro de 2020 Páx. 47865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 4 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se fai pública a resolución de outorgamento da concesión de explotación derivada de permiso de investigación denominada Corvos fracción 2ª, número 3010.2 (PO/C/03010.2), situada no termo municipal de Mondariz (Pontevedra).

Esta xefatura territorial fai público que o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, por delegación de competencias do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, asinou o 3 de novembro de 2020 a resolución de outorgamento da concesión de explotación derivada de permiso de investigación que a seguir se describe:

Nome: Corvos fracción 2ª.

Número de expediente: 3010.2 (PO/C/03010.2).

Recurso: sección C), granito ornamental.

Termo municipal: Mondariz, provincia de Pontevedra.

Superficie: unha (1) cuadrícula mineira.

Período de vixencia: trinta (30) anos, que se poderá prorrogar ata un máximo de setenta e cinco (75) anos.

Titular: Granitos del Val, S.L., con NIF B32033789.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

Pontevedra, 4 de novembro de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra