Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 3 de decembro de 2020 Páx. 47877

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 18 de novembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PA 221/2020 contra a Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 001 do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 de novembro de 2019).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PA 221/2020, fronte a Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 001 do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (DOG núm. 224, do 25 de novembro de 2019).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos ao referido xulgado no prazo de nove (9) días, contados dende o seguinte a o da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública