Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 3 de decembro de 2020 Páx. 47878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

CÉDULA do 20 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2020/0025-4 e cinco máis.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores correspondentes.

Dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar as resolucións (que non poñen fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Fáiselle saber ás interesadas que poden formular recurso de alzada perante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselles que, de non interpoñelos no tempo e na forma que procedan, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización dos impresos que poderá solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Expediente: RL 2020/0025-4.

Acta: I362019000094827.

Empresa: Servicios de Seguridade Integral e Mantenementos A1, S.L.

Enderezo: rúa José Luis Cepeda, 4, baixo; A Coruña.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.f) e 29.1 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores aprobado polo Real decreto lexislativo2/2015, do 23 de outubro.

Preceptos sancionadores: artigo 40.1.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 20.8.2020.

Resolución: multa de 5.000 €.

Expediente: RL 2020/0040-4.

Acta: I362019000090783.

Empresa: Marco Antonio González David.

Enderezo: avenida Mendiño, 32, Cesantes; Redondela.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 34.9 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.

Preceptos sancionadores: artigos 39.1, 39.6 e 40.1.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 20.8.2020.

Resolución: multa de 626 €.

Expediente: RL 2020/0056-4.

Acta: I362019000091793.

Empresa: Momento Medieval Unipessoal, LDA.

Enderezo: edif. Amoedo, 2º porta esq.; Valença-Portugal.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 5 da Lei 45/1999, do 28 de novembro.

Preceptos sancionadores: artigos 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 15.6.2020.

Resolución: multa de 6.251 €.

Expediente: RL 2020/0094-4.

Acta: I362020000010435.

Empresa: Manuela Domínguez Dacosta.

Enderezo: rúa Álvaro Cunqueiro, 2, pta. 4; Pontevedra.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 15.1.b) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.

Preceptos sancionadores: artigos 39.2 e 40.1.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 22.10.2020.

Resolución: multa de 626 €.

Expediente: RL 2020/0167-4.

Acta: I362020000006900.

Empresa: Eladio Miniño Flores.

Enderezo: lugar Laxes-Mougás, 10; Oia.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.f), 26 e 29 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e 5.1 do Real decreto 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Preceptos sancionadores: artigos 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 3.11.2020.

Resolución: multa de 6.251 €.

Expediente: RL 2020/0199-4.

Acta: I362020000024579.

Empresa: Hostal Residencia O Pazo, S.L.

Enderezo: Lugar Campos, 11, Matamá; Vigo.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 15.1.b) do texto refundido da Lei do Estatuto dos tralladores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, de acordo co artigo 5.1 do Real decreto 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Preceptos sancionadores: artigos 39.1, 39.2 e 40.1.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 4.11.2020.

Resolución: multa de 1.250 €.

Vigo, 20 de novembro de 2020

O xefe territorial de Vigo
P.A. (Decreto 135/2917, do 28 de decembro)
Ana Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica