Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 3 de decembro de 2020 Páx. 47909

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial do conxunto histórico-artístico de Monforte de Lemos.

O Pleno da Corporación, na súa sesión extraordinaria do día 16 de novembro de 2020, aprobou definitivamente o Plan especial de protección do conxunto histórico-artístico de Monforte de Lemos.

No Diario Oficial de Galicia número 57, do 22 de marzo de 2017, publicouse o informe ambiental estratéxico do Plan especial do conxunto histórico-artístico de Monforte de Lemos.

En cumprimento do disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, unha vez publicado o anuncio no DOG, remitirase ao órgano autonómico competente, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento de Galicia, un exemplar do Plan especial, debidamente dilixenciado. Cumpridos estes trámites, publicaranse a normativa e as ordenanzas no Boletín Oficial da provincia de Lugo.

Notificarase individualmente a aprobación definitiva do Plan especial aos titulares catastrais dos terreos afectados aos cales xa se lles notificou a aprobación inicial, de conformidade co disposto no artigo 186 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro. O contido do plan quedará a disposición do público na web do Concello, www.monfortedelemos.es

Contra o acordo de aprobación definitiva, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que se aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poda interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme o dereito.

Monforte de Lemos, 26 de novembro de 2020

José Tomé Roca
Alcalde