Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 3 de decembro de 2020 Páx. 47907

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a ordenación da parcela E.1.2 da vía H do parque empresarial As Gándaras.

O Pleno da corporación, en sesión que tivo lugar o día 29 de outubro de 2020, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente, de conformidade co informe favorable da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural de data 13 de agosto de 2020, o estudo de detalle formulado para a ordenación da parcela E.1.2 da vía H do parque empresarial As Gándaras, formulado pola mercantil A2-Lugo Arquitectura e Ingeniería de Intermediación, S.L., representada por Adrián Rodríguez Fernández e redactado pola arquitecta Ana Rodríguez Fernández (artigo 80.2 da LSG).

Segundo. Publicar este acordo de aprobación definitiva no DOG, no prazo dun mes desde a súa adopción. Xunto coa publicación deste acordo publicarase a referencia ao enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro deste estudo de detalle á disposición do público (artigo 82.2 da LSG).

Terceiro. Unha vez publicado o anuncio no DOG, ao cal fai referencia o anterior acordo, remitirase un exemplar deste estudo de detalle en soporte dixital, debidamente dilixenciado, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV) para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Esta inscrición será requisito de eficacia do acordo de aprobación definitiva (artigo 88 da LSG). Posteriormente, publicarase o anuncio no BOP, conforme o establecido nos artigos 82.3 e 88.4 da LSG.

Cuarto. Notificaráselles este acordo ás persoas interesadas e indicaráselles que contra el poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo) nun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da notificación do presente acto, o cal pon fin á vía administrativa (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo), sen prexuízo de que poidan interpor calquera outro recurso ou reclamación que consideren conveniente ao seu dereito.

O contido íntegro do documento aprobado poderase consultar no seguinte enderezo electrónico:

http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica

Lugo, 26 de novembro de 2020

A alcaldesa
P.D. (Decreto 5286/2020)
Miguel Ángel Couto Alonso
Concellerio delegado de Urbanismo Sostible