Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 4 de decembro de 2020 Páx. 48103

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria de procesos selectivos para a cobertura de prazas de persoal funcionario, pola quenda de promoción interna (CPI 2020J).

No Boletín Oficial da provincia núm. 211, do 2 de novembro de 2020, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación de Pontevedra, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2018, 2019 e 2020:

– Dúas prazas de técnica/o media/o de Administración xeral, encadradas na escala de Administración xeral, subescala de xestión, integradas no grupo A2, polo sistema de concurso-oposición, quenda de promoción interna.

– Unha praza de técnica/o auxiliar en mantemento, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integrada no grupo C1, polo sistema de concurso-oposición, quenda de promoción interna.

– Unha praza de técnica/o auxiliar en mantemento, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integrada no grupo C1, polo sistema de concurso-oposición, quenda de promoción interna, reservada a persoas con discapacidade.

– Dúas prazas de técnica/o auxiliar en carpintería, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integradas no grupo C1, polo sistema de concurso-oposición, quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 5 de novembro de 2020

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución presidencial 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réximen Interior,
Economía, Facenda e ORAL

Carlos Cuadrado Romay
Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra