Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 4 de decembro de 2020 Páx. 48104

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de competencias do Concello de Pontecesures para desenvolver a facultade de liquidación previa á primeira matriculación do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de outubro de 2020, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello de Pontecesures por acordo do Pleno na sesión do 27 de xullo de 2020 para engadir expresamente dentro da competencia xa delegada de xestión do imposto sobre vehículos de tracción mecánica, efectuada por acordo plenario de data 28 de setembro de 1992, a facultade de liquidación previa á primeira matriculación.

A citada delegación será realizada pola Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 9 de novembro de 2020

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra

P.D. (Resolución presidencial 2019012988, do 15.7.2019)

Carlos López Font

Deputado delegado da Área de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL

Carlos Cuadrado Romay

Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra