Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 4 de decembro de 2020 Páx. 48105

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de competencias do Concello da Lama para desenvolver as facultades de xestión, liquidación e recadación da taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas e por reserva de vía pública.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de outubro de 2020, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello da Lama por acordo do Pleno na sesión con data do 15 de xuño de 2020 para desenvolver as facultades de xestión, liquidación e recadación da taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas e por reserva de vía pública para aparcadoiro exclusivo, parada de vehículos e carga e descarga de mercadorías.

A citada delegación realizarase pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 9 de novembro de 2020

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra

P.D. (Resolución presidencial 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior,
Economía, Facenda e ORAL

Carlos Cuadrado Romay
Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra