Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 7 de decembro de 2020 Páx. 48165

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2020 pola que se dá publicidade da resolución de concesión das axudas á internacionalización dixital das empresas galegas (Galicia Exporta Dixital).

Mediante a Resolución do 8 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), publicáronse as bases reguladoras das axudas á internacionalización dixital das empresas galegas (Galicia Exporta Dixital) e procedeuse á súa convocatoria, por trámite anticipado de gasto, en réxime de concorrencia competitiva.

As ditas bases establecen no seu artigo 11.4 que a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da Resolución definitiva do 19 de novembro de 2020 de concesión das axudas á internacionalización dixital das empresas galegas (Galicia Exporta Dixital), no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe Consulta de resolucións definitivas, http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas). O texto completo da resolución non se publica no DOG na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Habilítase un prazo de 10 días naturais para que os interesados accedan á oficina virtual do Igape, no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe Consulta de resolucións definitivas, http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas), utilizando o seu NIF e o código IDE do expediente, para descargaren a súa resolución individual. Transcorrido o devandito prazo desde a posta á disposición da resolución individual sen que se acceda ao seu contido, entenderase rexeitada.

Segundo. As resolucións individuais, segundo o establecido no punto primeiro, esgotan a vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao acceso á resolución individual, ou desde que se entenda rexeitada polo transcurso dez días naturais desde a súa posta á disposición sen que se accedese ao seu contido. Non obstante, previamente poderá interpoñer recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao acceso á resolución individual, ou desde que se entenda rexeitada polo transcurso dez días naturais desde a súa posta á disposición sen que se accedese ao seu contido.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2020

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica