Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 9 de decembro de 2020 Páx. 48292

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2020, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 033 (bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 18 de setembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 182, do 25 de setembro), pola que se dá publicidade dun novo aspirante que superou o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 30 de novembro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de decembro de 2018 (DOG núm. 4, do 7 de xaneiro), modificada polas ordes do 7 de febreiro de 2019 (DOG núm. 33, do 15 de febreiro), do 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 49, do 11 de marzo) e do 8 de abril de 2019 (DOG núm. 75, do 17 de abril), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 18 de setembro de 2020, este tribunal acordou elevar ao director xeral da Función Pública a lista das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, para que elaborase a proposta de nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia das persoas que figuraban nela.

Segundo. De conformidade co establecido na base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes dispoñen dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación de dita resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentaren a documentación prevista na citada base.

Terceiro. A base IV.3 da convocatoria do proceso selectivo establece que as persoas aspirantes que non presentasen a documentación, ou do exame desta se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2, non poderán ser nomeadas persoal laboral fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Cuarto. Mediante escrito do 9 de novembro de 2020 da Dirección Xeral da Función Pública, requírese a este tribunal que propoña a unha nova persoa aspirante, xa que o aspirante que figuraba co número 18, Manuel Rúa Pandelo, con NIF número ***9745**, non presentou a documentación e non pode ser nomeado persoal laboral fixo, quedando anuladas as súas actuacións.

Quinto. Con base no anterior, este tribunal acorda facer público, como anexo a esta resolución, o aspirante que superou o proceso selectivo, coas puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade. De conformidade co establecido na base IV.2 da convocatoria e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa aspirante dispón dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentaren a documentación prevista na citada base.

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2020

Ángel Romero Baleirón
Presidente do tribunal

ANEXO

Proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 033 (bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba)
do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia

DNI

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

Fase concurso

Total

30

***6672**

Rodríguez López, José Amador

30,00

Apto

8,99

38,99