Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 9 de decembro de 2020 Páx. 48290

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 6 de xullo de 2020 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

En virtude da Resolución do 6 de xullo de 2020 (DOG núm. 140, do 15 de xullo) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 5 de marzo de 2019 (DOG núm. 49, do 11 de marzo),

DISPOÑO:

Primeiro. Incluír, na relación definitiva de aspirantes admitidos ao proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, as seguintes persoas aspirantes:

DNI

Apelidos e nome

Motivo da inclusión

***3404**

Calvillo Mora, Miriam

Erro material

***2527**

Rodríguez Venegas, María Dolores

Estimación recurso administrativo

As persoas anteriormente indicadas quedan excluídas da relación definitiva de aspirantes excluídos do dito proceso selectivo.

Segundo. Incluír, na relación definitiva de aspirantes excluídos ao proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, as seguintes persoas aspirantes:

DNI

Apelidos e nome

Motivo da exclusión

***7683**

Novoa Barreiro, Ruth

53 (DNI incorrecto)

***6430**

Sánchez Rodríguez, Nuria

53 (DNI incorrecto)

As persoas anteriormente indicadas quedan excluídas da relación definitiva de aspirantes admitidos ao dito proceso selectivo.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública