Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 9 de decembro de 2020 Páx. 48280

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 7 de xullo de 2020 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

En virtude da Resolución do 7 de xullo de 2020 (DOG núm. 141, do 16 de xullo) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro),

DISPón:

Incluír na relación definitiva de aspirantes excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, as seguintes persoas aspirantes:

DNI

Apelidos e nome

Motivo da exclusión

***5834**

Blanco Fernández, Natalia

43 (desistencia da solicitude)

***8034**

Pazos Fondevila, María Luisa

43 (desistencia da solicitude)

As persoas anteriormente indicadas quedan excluídas da relación definitiva de aspirantes admitidas ao dito proceso selectivo.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública