Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 9 de decembro de 2020 Páx. 48278

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 25 de novembro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala enxeñeiros, especialidade enxeñaría agronómica,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, superaron o terceiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron unha cualificación mínima de dez (10) puntos. Consonte os criterios de corrección, valoración e superación do terceiro exercicio, establecidos mediante o Acordo do 1 de outubro de 2020 deste mesmo tribunal, en sesión do 25 de novembro de 2020 o dito tribunal recompilou as cualificacións de todos e cada un dos seus membros e procedeu, para cada exame, á eliminación daquela máis alta e máis baixa, para deseguido obter a media aritmética das tres restantes. De todo isto resulta que superaron o terceiro exercicio do proceso selectivo un total de nove (9) persoas aspirantes no conxunto de todas as quendas.

Segundo. Publicar as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica, polas distintas quendas, no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web da Xunta de Galicia
funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. Declarar todas as persoas aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentas de realizar o cuarto exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.4 da convocatoria.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo do tribunal poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función publica, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2020

Laura Mª González-Carreró Fojón
Presidenta do tribunal