Luis González Cobas, con DNI 35923981M, nado en Pontevedra o 3 de xuño de 1925, faleceu o 10 de novembro de 2014 na residencia de maiores Geriatros da avenida Ramón Nieto de Vigo. Segundo o padrón municipal de habitantes, consta o seu derradeiro domicilio na rúa Salgueira Entrada de Vigo, datos que figuran comprobados xunto co da súa veciñanza civil galega, no informe preliminar do 3 de novembro de 2020, do Servizo de Protección e Defensa Patrimonial da Subdirección Xeral do Patrimonio, emitido logo da realización das actuacións previas precisas que levan a considerar procedente a apertura de procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato do causante, pola presunta ausencia doutros herdeiros con dereito a suceder preferente ao da Administración autonómica, de conformidade co disposto na Lei 2/2006, de dereito civil de Galicia.
Segundo o anterior, en exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio nos artigos 4 da Lei 5/2011, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, 4 e 7 do Decreto 30/2017, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, e de acordo co artigo 20 bis da Lei 33/2003, de patrimonio das administracións públicas,
ACORDO:
Primeiro. Incoar procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Luis González Cobas.
Segundo. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, Área temática de Patrimonio, Anuncios, que se pode consultar na seguinte ligazón:
http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios
Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, no taboleiro de anuncios dos concellos de Pontevedra e Vigo, así como no de calquera outro en que durante a instrución do procedemento se detecten bens da persoa causante.
O prazo máximo ordinario para a resolución deste procedemento é dun ano contado desde a data de adopción deste acordo.
Con anterioridade á resolución do procedemento, calquera interesado poderá presentar alegacións ou achegar documentos ou outros elementos de xuízo que considere oportunos, que se dirixirán á Consellería de Facenda e Administración Pública, Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Subdirección Xeral do Patrimonio, código de expediente ABI/2015/0002, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 15781 Santiago de Compostela.
Contra esta resolución non se poderá interpoñer recurso, conforme o establecido no artigo 112 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as alegacións de oposición a este acto de trámite sexan consideradas na resolución que poña fin a este procedemento, contra a cal se poderá presentar en tempo e forma o correspondente recurso.
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2020
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda
e Administración Pública