Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 10 de decembro de 2020 Páx. 48384

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 1 de decembro de 2020 pola que se regula a pesca da lamprea no río Tea e se fixan o período e as condicións para presentar as solicitudes para participar no sorteo de postos de pesca para o ano 2021 (código de procedemento MT823B).

O Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, atribúen a esta consellería, dentro das súas competencias, o fomento, a ordenación e o aproveitamento dos recursos piscícolas.

O artigo 8 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia, indica que se deberán establecer os períodos hábiles de pesca para as distintas especies e demais seres vivos que habitan as augas continentais de Galicia, e adoptar as medidas excepcionais e os réximes especiais que se consideren pertinentes.

Esta orde ten por obxecto establecer a normativa especial para a pesca da lamprea (Petromyzon marinus) nun ámbito territorial e temporal determinado. A pesca da lamprea presenta aspectos específicos que quedan reflectidos na propia Lei de pesca fluvial de Galicia, que exceptúa esta especie, xunto coa anguía e a angula ou meixón, da prohibición de determinadas artes de pesca e da pesca nocturna. Esta circunstancia xustifica o establecemento dun réxime especial para a pesca destes seres vivos.

A lamprea é unha especie de peixe moi particular no que respecta ao seu aproveitamento, no cal se seguen utilizando procedementos e artes tradicionais que están prohibidos para o resto das especies.

O Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio) establece, no seu artigo 88, os obstáculos, instrumentos, artes e aparellos prohibidos nas augas continentais galegas, coa excepción dos utilizados na pesca de anguías, meixóns, lampreas e especies de esteiro.

Co obxecto de realizar un aproveitamento ordenado da pesca da lamprea no río Tea, establécese un réxime especial para o vindeiro ano 2021.

Por todo o anterior, consonte o disposto no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía e no uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

É obxecto desta norma a regulación do aproveitamento específico da lamprea (Petromyzon marinus) nas augas do río Tea durante o ano 2021 (código de procedemento administrativo MT823B).

Artigo 2. Ámbito de aplicación

A zona de pesca é o tramo do río Tea comprendido entre a ponte do ferrocarril (Salvaterra de Miño) e a praia da Moscadeira (Ponteareas).

Artigo 3. Modalidade de pesca

Os medios autorizados para a pesca da lamprea no río Tea son a estacada, a fisga (unha por pescador/a) e a luz artificial. Enténdese por estacada a ponte ou pasarela de madeira ou similar que se coloca sobrevoando o río, perpendicularmente á dirección da corrente.

Artigo 4. Características das estacadas

1. As estacadas deberán cumprir as seguintes condicións:

a) Deberán ter acceso desde terra e en ningún caso a súa lonxitude máxima superará a metade do leito fluvial ocupado polas augas en cada momento.

b) Un extremo apoiarase na marxe do río e o resto sobre pilotes ou postes de madeira ou ferro, de xeito que non se impida a libre circulación das augas baixo ela.

c) Deberán estar debidamente numeradas e situadas, de conformidade co recollido no anexo I.

A situación exacta será indicada polo persoal da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e non se poderán instalar sen pagar previamente o prezo público correspondente. Calquera cambio de lugar requirirá solicitude e autorización previa do Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra. No suposto de que as persoas adxudicatarias de dúas estacadas contiguas queiran montalas conxuntamente, solicitarano previamente e, se é o caso, montaranse no lugar correspondente á sinalada augas abaixo.

d) Calquera modificación da vexetación de ribeira axustarase ao disposto na Lei 7/1992, de pesca fluvial, e na Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia. No caso de que a suxeición da estacada á terra sexa ás árbores de ribeira, tomaranse as medidas necesarias para que as ditas árbores non resulten danadas.

e) As luces colocaranse en liña paralela á estacada de xeito que todo o tramo quede iluminado coa mesma intensidade. En ningún caso se colocarán as luces por debaixo da estrutura da estacada. Prohíbense os focos ou similares.

f) Unha vez finalizado o réxime especial o día 15 de maio de 2021, os pescadores e as pescadoras disporán dun prazo de 15 días naturais para retiraren as estacadas e demais instalacións e deberán deixar o contorno libre de lixo.

2. Do incumprimento dos anteditos requisitos para instalar e retirar as estacadas responderán solidariamente todas as persoas autorizadas.

Artigo 5. Período e horario hábil

1. O período hábil de pesca será desde o 1 de febreiro ás 21.00 horas ata o 15 de maio de 2021 ás 8.00 horas.

A pesca realizarase en días alternos: os luns, os mércores e os venres desde as estacadas impares e os martes, os xoves e os sábados desde as pares.

2. Poderase pescar desde as 21.00 horas do día autorizado ata as 8.00 horas do día seguinte. Prohíbese a pesca desde as 8.00 horas dos domingos ata as 21.00 horas dos luns.

Artigo 6. Período de solicitude

O prazo para solicitar a participación no sorteo será de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

Artigo 7. Forma e lugar de presentación de solicitudes

1. As persoas interesadas poderán participar no sorteo público que efectuará o Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra no lugar sinalado.

Non poderá participar no sorteo quen fose inhabilitado por incumprir o establecido no artigo 15 da Orde do 11 de decembro de 2019 pola que se regula a pesca de lamprea no río Tea e se fixa o período e as condicións para presentar as solicitudes para participar no sorteo de postos de pesca para o ano 2020 (DOG núm. 240, do 18 de decembro).

2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (anexo II desta orde). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 8. Pluralidade de persoas solicitantes

As pretensións dunha pluralidade de persoas de contido e fundamento idéntico ou substancialmente similar poderán formularse nunha única solicitude. Neste suposto, deberá achegarse coa solicitude a lista completa de persoas solicitantes segundo o modelo dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (anexo III desta orde). As actuacións efectuaranse co representante ou coa persoa interesada que expresamente sinalen e, na súa falta, coa que figure en primeiro termo.

Artigo 9. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude o anexo III citado no artigo anterior e que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado nos anexos II e III e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada, para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite obter os citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos. As persoas interesadas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos mediante os modelos normalizados dispoñibles.

2. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario.

3. No caso de optar pola notificación en papel, practicarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal

Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou ao teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán en ningún caso efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

5. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

6. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 13. Listaxe provisional de participantes

Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, elaborarase unha lista coas persoas admitidas e excluídas para participar no sorteo que se exporá no taboleiro de anuncios do Distrito Forestal de Ponteareas, no refuxio da Freixa (Ponteareas) e no Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra. Na listaxe indicarase a causa de exclusión e o prazo de emenda.

As persoas solicitantes terán un prazo de 10 días hábiles, contados desde a data de exposición pública da lista de persoas admitidas e excluídas, para efectuaren as reclamacións que consideren oportunas. As reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva, que se exporá nos mesmos lugares que a lista provisional.

Artigo 14. Sorteo

O sorteo para adxudicar os postos de pesca en que se colocarán as estacadas terá lugar o día 15 de xaneiro de 2021, ás 11.00 horas no refuxio da Freixa (Ponteareas). Calquera cambio no lugar de celebración ou na dinámica do sorteo publicarase no taboleiro de anuncios do Distrito Forestal de Ponteareas, no refuxio da Freixa (Ponteareas) e no Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra.

Cada solicitante elixirá a estacada segundo a orde obtida no sorteo e para iso deberá presentar o DNI/NIE. Non se poderá cambiar ningún posto despois da elección.

Artigo 15. Permisos

De acordo co número obtido no sorteo, cada persoa adxudicataria retirará un lote de permisos de 4ª categoría para toda a tempada logo do pagamento do prezo público que corresponda e da presentación da licenza de pesca.

Os permisos serán persoais e intransferibles, polo que ningunha persoa adxudicataria poderá facer uso doutro permiso que non sexa o seu propio nin pescar desde un posto distinto a aquel que figura no seu permiso.

Xunto cos permisos entregarase un libro ou folla de rexistro de capturas, que deberá ser debidamente cuberto cada día de pesca e estar sempre á disposición do persoal do Servizo de Patrimonio Natural.

Unha vez rematada a temporada de pesca, o libro ou a folla de rexistro deberá ser enviado no prazo de 15 días ao Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra, na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 2º. O cumprimento deste requisito será indispensable para optar ao sorteo da próxima temporada.

Artigo 16. Condicións

Antes de iniciaren a actividade, os pescadores e as pescadoras deberán estar en posesión da licenza de pesca correspondente e autorizados cos permisos de 4ª categoría para cada día, documentos que deberán levar consigo xunto co DNI/NIE durante a práctica desta actividade.

Artigo 17. Prohibicións

– Prohíbese ter na estacada un número superior de fisgas ao de persoas adxudicatarias con permiso presentes nela, así como pedras ou calquera outro instrumento ou calquera acción que sirva para bater as augas ou escorrentar os peixes de xeito que se facilite a súa captura.

– Así mesmo, prohíbese atar as fisgas a calquera tipo de cordel.

– A pesca desde as estacadas enténdese selectiva para a lamprea, polo que non poderán causar dano a outras especies de peixes.

– As barcas empregadas nos labores auxiliares da pesca da lamprea deberán estar en posesión da licenza especial para embarcación (licenza clase E) e levar en lugar ben visible o número de estacada que lles correspondese no sorteo. En ningún caso estas barcas poderán ser accionadas por motor.

O persoal que designe o Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra revisará cada estacada e, cando non se axuste ás condicións fixadas ou non exista persoa autorizada para a pesca desde ela, procederase ao seu levantamento.

Do incumprimento destas condicións responderán solidariamente todas as persoas autorizadas.

Disposición transitoria única

Para os efectos do establecido nos artigos 15 e 16 da presente orde, de acordo co disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 130/1997, do 14 de maio, e en canto non se determinen os requisitos para a obtención da licenza da clase D para o exercicio da pesca con aproveitamento no río Tea, expedirase a correspondente licenza das outras clases segundo corresponda, na cal se indicará a especie autorizada (lamprea) e se especificará a masa de auga en que se pode practicar esta pesca (río Tea).

Disposición derradeira primeira

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural, por proposta do Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra, por razóns hidrobiolóxicas, de estiaxe ou calquera outra que o faga necesario, poderá ditar, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para o desenvolvemento e a aplicación do establecido nesta orde e adoptar as medidas excepcionais previstas no artigo 48 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2020

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO I

Estacadas do río Tea 2021

Núm. estacada

Distancia entre puntos de localización das estacadas (m)

Ponte do ferrocarril a 1

21

1 a 2

139

2 a 3

60

3 a 4

50

4 a 5

60

5 a 6

370 (ponte romana/ponte PO-412)

6 a 7

100

7 a 8

105

8 a 9

70

9 a 10

305

10 a 11

100

11 a 12

120

12 a 13

120

13 a 14

100

14 a 15

352

15 a 16

50

16 a 17

677

17 a 18

173

18 a 19

280 (Ponte Cordeiro)

19 a 20

1.160

20 a 21

120

21 a 22

400

22 a 23

100

23 a 24

290

24 a 25

210

25 a 26

200

26 a 27

1.350

27 a 28

1.850

28 a 29

180

29 a 30

300 (Ponte das Partidas)

30 a 31

100

31 a 32

100

32 a 33

100

33 a 34

590

34 a 35

100 (desembocadura do Uma)

35 a 36

350

36 a 37

110

37 a 38

110

38 a 39

110

39 a 40

120

40 a 41

90

41 a 42

120

42 a 43

120

43 a 44

160

44 a 45

210

45 a 46

80

46 a 47

150

47 a 48

100

48 á praia da Moscadeira

120

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file