Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 10 de decembro de 2020 Páx. 48485

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente FG número 662.

Por Resolución da Alcaldía 2020004961, do 23 de novembro de 2020, acordouse aprobar inicialmente o expediente de expropiación para a execución de sendas e áreas de apoio do Plan especial de protección e acondicionamento do río de San Pedro (documento de novembro 2020).

De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 25 de novembro de 2020

Ángel García Seoane
Alcalde presidente