Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 10 de decembro de 2020 Páx. 48483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 1 de decembro de 2020 pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento para a declaración de abandono da embarcación Morning Dew, varada no porto de Camariñas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), notifícaselle a Emmanuel Palmier, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o Acordo do 27 de outubro de 2020, da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia, que inicia o procedemento para a declaración de abandono da embarcación de nome Morning Dew, de bandeira francesa e matrícula 649745, varada no porto de Camariñas, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O acordo emítese por encontrarse a embarcación varada na explanada do porto de Camariñas en estado de abandono, sen actividade nin mantemento ningún, desde que foi trasladada a porto por Salvamento Marítimo en maio de 2018 tras ser atopada á deriva, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG nº 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia.

O órgano competente para a resolución deste procedemento é a presidenta de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, e o seu réxime de recusación é o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

Outórgaselle ao propietario da embarcación un prazo máximo de dez (10) días para formular alegacións.

Advírtese que, de acordo coa normativa máis arriba citada, chegado o prazo de declarar o buque abandonado, este pasará a ser propiedade de Portos de Galicia, o que non impedirá que todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se van realizar sobre o buque sexan por conta do anterior propietario.

Para o seu exame, o expediente encóntrase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área Central; praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia