Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 11 de decembro de 2020 Páx. 48705

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de sentenza (PO 738/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 738/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Rey Martín contra a empresa Formagal Formación y Servicios, S.L., sobre ordinario, foi pronunciada con data do 12.11.2020 sentenza impugnable en suplicación no prazo de cinco días que se encontra ao seu dispor na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Formagal Formación y Servicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 18 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza